Sunday 12 de May de 2024

As persoas maiores do programa ‘Prevención da Dependencia’ do Concello de Boqueixón, Peliqueiros por un día


 

Os 14 participantes do programa Prevención da dependencia do Concello de Boqueixón celebraron un xantar de Entroido. Nesta cita, estiveron acompañados polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e por Ana María Seijo, concelleira de Servizos Sociais, e persoal técnico que levan a cabo o programa os martes e xoves no local de Vigo.

Para esta ocasión, e como é costume, eles mesmos elaboraron a súa máscara de Entroido. A cita adicouse este ano aos Peliqueiros de Laza.